GALICIA HOXE

"Erótica en femenino"Unha alta porcentaxe da poboación galega ignora que en máis do 75% dos casos, é imposíbel acadar o orgasmo feminino só coa penetración ·· O ano é o grande marxinado do pracer.MARGA TOJO . SANTIAGO Setenta mulleres de entre vinte e setenta anos asistiron o ano pasado martes a un dos obradoiros eróticos dirixidos ao publico feminino que se están a levar a cabo na comunidade. Organizados por Lilith Asociación Social e Educativa e impartidos polo proxecto de mulleres feministas Los Placeres de Lola, con sede en Madrid, o taller fará a sua ultima parada mañá en Santiago de Compostela. Será a partir das oito da tarde no local que Berrobambán ten na Avenida de Lugo.Trátase dunha iniciativa pioneira en Galiza que chega non exenta de polémica. Pero esta vez as causas non hai que buscalas nos contidos, senón na crítica dos xornalistas ante a negativa da concellería de Igualdade de Ateixo de que a prensa estivera presente no taller. A situación foi recollida onte por un medio de comunicación galego que a cualificou de veto. "Ao encontro asistían máis de setenta mulleres con idades comprendidas entre os vinte e os setenta anos", explica Raquel Traba, unha das tres propietarias da empresa madrileña, "e o Concello considerou que había que preservar a intimidade das participantes porque, ademais, ao parecer non se pedira acreditación previa".Rematar cos falsos mitos e tabuesUn dos obxectivos do obradoiro é desterrar entre a poboación femininina de todas as idades -con especial atención ás mulleres maiores do ámbito rural- falsas crenzas e vellos tópicos. "En concreto, aquilo que sempre creron, porque é o que lle deixaron saber no sexo, de que a penetración vaxinal era a vía fundamental de estimulación sexual", explica Traba.Alguns profesionais aseguran que os orgasmos vaxinais non existen e que o orgasmo feminino producese unicamente grazas á excitación do clítoris. Achados recentes con respecto á grande extensión do clítoris -por baixo do corpo, ao redor da vaxina- parecerían apoiar esta posición, aínda que ao tempo, tamén supón un recoñecemento da experiencia de moitas mulleres que experimentan -e prefiren- alcanzar o orgasmo mediante a penetración vaxinal. Aínda que se trate dunha estimulación das raíces do clítoris, o obvio é que esta se produce mediante o coito vaxinal.Cando o orgasmo é inminente, o tamaño da vaxina diminue un 30%. Ademais, conxestiónase debido ao tecido brando; e o utero daquela presenta contraccións musculares. Unha muller experimenta un orgasmo cando o seu utero, a vaxina e os musculos pélvicos pasan por unha serie de contraccións rítmicas. Para a maioría de mulleres estas contraccións son pracenteiras.A diferenza dos homes, as mulleres non teñen un período refractario tan marcado. Polo tanto, poden experimentar un segundo orgasmo pouco tempo despois do primeiro ou até conseguir orgasmos consecutivos. No 1996 Masters e Johnson publicaron unha importante investigación con respecto ás fases da estimulación sexual. Un dos seus resultados foi que a resposta física segue as mesmas fases nos orgasmos vaxinais que nos clitoridianos. Ademais, argumentaron que a estimulación do clítoris é a principal fonte dos orgasmos femininos. Non é sorprendente xa que a riqueza en terminacións sensitivas do clítore é enorme fronte ao conduto vaxinal. Até se comprobou que a densidade de terminacións sensoriais do clítoris é superior á do glande masculino, achegándolle unha capacidade sensorial tres ou catro veces superior.Traba considera que hoxe en día a maioría das mulleres coñecen en boa medida a sua sexualidade e souberon desprenderse das imposicións sociais sobre o seu corpo. "A xenitalización das relacións sexuais é unha tendencia que temos todos e non só na nosa sociedade", explica."Esta é unha das grandes eivas, porque deixamos de lado partes moi eróxenas do corpo". En concreto, o ano é, segundo a experta, a zona eróxena máis esquecida. "Consideramos que ten unha unica función excretora e non nos exploramos o inmenso abanico de pracer". No ano dos homes existe o que se deu en chamar o punto G masculino, a glándula prostática mediante cuxa estimulación se pode acadar un gran pracer."Tuppersex", xoguetes eróticosAs actividades impartidas polas responsábeis de Los Placeres de Lola rematan cun tuppersex, é dicir, a presentación de xoguetería erótica para mulleres, que se pode adquirir no mesmo taller.As sex shops mudaron a sua preseentación para facérense accesíbeis a un publico máis amplo, ademais, o, boiante negocio dos xoguetes sexuais consolídase nos mercados da saude, nas farmacias. Tras o éxito do seu anel vibrador, a marca de preservativos Durex decidiu explotar o filón e ampliou a sua gama Play Vibrations con dous novos produtos, pensados para as relacións sexuais en parella e que, como o seu predecesor, se comercializarán nas farmacias.Trátase dos novos Play Vibrations Touch e Play Vibrations Ultra. O primeiro é unha funda de silicona vibratoria que se coloca no dedo e o segundo é un aro, tamén de silicona, cun apéndice saínte estriado e flexíbel, que produce unha vibración máis intensa. Este ultimo inclue un recambio de batería, o que lle proporciona unha autonomía de ata 40 minutos. Ambos os dous produtos comercializaranse a un prezo de entre 14 e 15 euros.En setembro do 2005, Durex levou as farmacias un tipo de produto que até esa data estaba recluído en sex shops e outro tipo de tendas, ás que moitas persoas nin sequera se expuñan entrar. O éxito da iniciativa foi rotundo. Desde o seu lanzamento, Durex venderon máis de tres millóns de unidades do seu anel vibrador, a un prezo de entre oito e nove euros.

GALICIA HOXE

New Account Register

Already have an account?
Log in instead Or Reset password