RADIOFUSIÓN

As galegas coñecen xoguetes eróticos grazas a Los Placeres de Lola“Erótica de mulleres e xoguetería (Tuppersex)”, baixo este título o proxecto feminista Los Placeres de Lola, chegado dende Madrid, aterra en Galicia para achegar ás mulleres un obradoiro cun fin formativo e ludico. O obxectivo é que as galegas coñezan, gocen, reivindiquen e descubran a sua sexualidade. Despois de visitar na xornada de hoxe Allariz, este xoves 27 as monitoras de Tuppersex estarán no Centro Quérote de Lugo, dependente da Dirección Xeral de Xuventude; e o venres 28 no local de Berrobambán, en Santiago, grazas á Asociación de Acción Social e Educativa, Lilith.Los placeres de Lola é un proxecto de mulleres feministas que cren nas redes de mulleres como piar básico de apoio. Por iso, a través destes obradoiros tratarán de favorecer o autocoñecemento erótico; facilitar a adquisición, desenvolvemento e interiorización de hábitos saudables, autoestima, seguridade e a posta en práctica a través do fomento da autoexploración sexual; e sensibilizar sobre a importancia do autodescubrimento do noso pracer, a través do coñecemento da nosa anatomía fisiolóxica, as tipoloxías de xoguetes eróticos que existen no mercado e o seu uso, como explicou nos micrófonos de Radiofusión unha das monitoras, Raquel Traba.“Erótica de mulleres e xoguetería (Tuppersex)” centrarase en aclarar conceptos básicos como anatomía e fisioloxía sexual, pracer e xoguetería erótica. Tamén unha reseña histórica (dildos, vibradores), información do uso e práctica da xoguetería erótica, casos prácticos e aclaración de dubidas. Los placeres de Lola xa pasaron por Allariz. A vindeira cita é este xoves, 27 de marzo entre as sete e as nove da noite no Centro Quérote de Lugo (rua Pintor Corredoira, 4 baixo, Centro xuvenil “LUG” 2, antes residencia Eljogaray). Ao día seguinte é a quenda de Santiago, nesta ocasión pasarán polo local de Berrobambán (Avda de Lugo nº 12, ao lado da estación de tren), convocadas pola Asociación de Acción Social e Educativa Lilith.

RADIOFUSIÓN

New Account Register

Already have an account?
Log in instead Or Reset password